ConcellosÚltima hora

Viana do Bolo lembra que se manteñen o servizo de axuda a domicilio e os servizos sociais

Casa do Concello de Viana do Bolo.

 

O alcalde de Viana do Bolo, Secundino Fernández, vén de emitir un bando no que sinala que o “Servizo de Axuda a Domicilio e os Servizos Sociais do Concello continuarán a operar de acordo coas instrucións e recomendacións das autoridades sanitarias”.

Neste senso, o rexedor explica que “isto significa que o servizo de Axuda a Domicilio tanto na modalidade de atención á dependencia, que atende a 61 persoas, como na modalidade de atención básica, que atende a 27 persoas, funciona a pleno rendemento sen ningunha restrición. En total os servizos sociais dependentes do concello atenden a 88 persoas. Os usuarios e usuarias do Servizo de Axuda no Fogar sempre lles foron atendidas as súas demandas para achegarlles menciñas e alimentación ós seus fogares, xa con anterioridade á declaración do estado de alarma”.

Secundino Fernández indica así mesmo que “a pesares de estar pechadas as oficinas administrativas, unha persoa dos servizos sociais permanecería no seu posto de traballo para atender por teléfono e en casos que así o requira de forma presencial as persoas que o necesiten”.

E matiza que “se algunha persoa tivera dificultades para recibir alimentos ou menciñas debe comunicarse coas oficinas municipais no teléfono 988 340 120 e o Concello faralle chegar o necesario. Dende os servizos sociais do concello estase a informar aos alcaldes e alcaldesas pedáneos dos núcleos de poboación sobre esta posibilidade”.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close