En portadaÚltima hora

Viana do Bolo pasa a nivel 2 de alerta polo Covid

O Concello confirma un total de 22 persoas contaxiadas. Nunha das residencias de maiores do municipio hai 13 residentes positivos e 11 traballadores, algúns deles non residentes en Viana

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

O municipio de Viana do Bolo vén de pasar a nivel 2 de alerta (laranxa) no mapa epidemiolóxico do Covid que elabora a Consellería de Sanidade. Así veñen de rexistrarse entre 14 e 21 novos positivos confirmados por probas PCR nos últimos 7 días.

O Concello de Viana do Bolo emitía o 26 de outubro un bando informativo no que informaba das restricións vixentes como medida preventiva fronte ao Covid e tamén informaba de que “a Residencia de Maiores de Viana do Bolo, vén de comunicar que despois do cribado realizado durante a fin de semana, que apareceron 12 novos positivos no centro, ascendendo, polo tanto, no día de hoxe, a un total 13 residentes e 11 traballadores (algúns deles non residentes en Viana do Bolo)”.

Ademais o Concello confirma que o Servizo Galego de Saúde “comunícanos que no Concello de Viana do Bolo temos 22 persoas contaxiadas, e que por tanto, pasamos ao Nivel 2 de Alerta”.

Por todo isto, o alcalde de Viana, Abelardo Carballo, “prégase ás veciñas e veciños de Viana do Bolo, que se manteñan as medidas que esixen as autoridades sanitarias, de hixiene persoal e colectiva, así como, a necesidade de manter a debida separación entre as persoas. Igualmente prégase que se limiten o máximo as reunións familiares e que non se realicen reunións sociais”.

Artigos relacionados

Back to top button