DeportesÚltima hora

Viana do Bolo prepárase para o II Campus Multideportivo Pinchacarneira

Será do 28 de xuño ao 2 de xullo para nenos de 4 a 14 anos

Participantes na anterior edición do campus./ Foto: Pinchacarneira.

 

Con máis ganas, máis deportes, máis novidades e máis medidas de seguridade e prevención. Así se presenta a II edición do Campus Multideportivo Vila de Viana organizado por Pinchacarneira.

Pensado para rapaces nados entre o 2007 e 2016 (4-14 anos) o campamento desenvolverase do 28 de xuño ao 2 de xullo en horario de 10 a 14 horas, traballando en reducidos grupos de idades, sempre respectando o protocolo actual anticovid.

Con respecto aos deportes que se practicarán nesta edición, serán moitos e variados (fútbol, hóckey, baloncesto, lacross, tenis, ximnasia acrobática,…) para desfrutar dunha semana co persoal técnico de diversos clubs profesionais, dende adestradores do Celta de Vigo, do Deportivo da Coruña, do CD Barco ou do Pavillón Ourense Baloncesto, ata profesionais de tenis e pádel, de básquet ou de deportes de aventura. O programa inclúe adestramentos diarios de fútbol e baloncesto como os deportes principais, coa práctica diaria dun deporte alternativo, xogo de cidade e visita a piscina e  torneos deportivos.

As inscricións poderán facerse ata o 2 de xuño ou ata esgotar prazas. Ata o 24 de maio terá preferencia a rapazada de Viana do Bolo e partir do 25 cubriranse o resto de prazas. Máis información e inscricións: Pinchacarneira.

 

Artigos relacionados

Back to top button