ConcellosÚltima hora

Viana do Bolo presenta as súas actividades infantís de verán

Terán unha maior duración no tempo (4 semanas) e un horario máis extenso (4 horas diarias) para dar cobertura á meirande parte do mes de xullo e a metade de agosto

A concelleira de Cultura e o alcalde de Viana, na presentación das actividades./ Foto cedida.

 

Neste venres 26 de xuño o Concello de Viana do Bolo ván de presentar as súas Actividades Infantís de Verán, incluídas dentro do Programa Municipal de Medidas de Conciliación, e que contan nesta ocasión cunha serie de novidades.

“Ante a actual situación provocada pola Covid-19 dende Concello e o Centro de Información á Muller (CIM) entendemos que debemos levar a cabo medidas e políticas de intervención que permitan paliar na medida do posible os efectos negativos desta pandemia no que a conciliación se refire. Por iso propoñemos unha serie de cambios e modificacións nos programas de conciliación para este verán 2020”, tal e como explica o Concello de Viana.

Unha das novidades será que este ano as Actividades Infantís de Verán (que constan de Ludoteca e Campamento coma ven sendo habitual) terán unha maior duración no tempo (4 semanas) e un horario máis extenso (4 horas diarias) para dar cobertura á meirande parte do mes de xullo e a metade de agosto.

 

 

A organización das actividades tamén será diferente (seguindo as normas e protocolos marcados polos organismos autonómicos e estatais). “O obxectivo é ofrecer confianza e seguridade as familias sen renunciar á diversión dos/as máis cativos/as da casa. Ximkanas, rastrexos, actividades temáticas, teatro, natureza, deporte, artes, música, festas, xogos de auga…Todo está preparado para unha “nova normalidade” na que @s rapaces poidan por fin gozar o seu verán”, destacan dende o Concello de Viana.

O prazo de inscrición para estas actividades abrirase a partir do vindeiro luns 29 de xuño e prolongarase ata o xoves 2 de xullo.

Artigos relacionados

Back to top button