ConcellosÚltima hora

Viana do Bolo presenta as súas actividades infantís para o verán

Haberá ludoteca e campamento, con actividades como xogos ao aire libre, festas temáticas e xincanas, entre outras
O alcalde de Viana, Secundino Fernández, e a concelleira de Cultura, Graciela Diéguez, na presentación das actividades./ Foto cedida.

Tendo en conta a proximidade das vacacións escolares, o Concello de Viana do Bolo vén de facer públicas as actividades infantís que promoverá neste verán: ludoteca e campamento. “Como novidade este ano terán unha maior duración no tempo e darán cobertura a meirande parte do mes de xullo e a metade de agosto”, segundo o alcalde de Viana, Secundino Fernández.

Tamén sinala que “as actividades terán como obxectivo a diversión e o ocio dos/as participantes, pero tamén a educación e a transmisión de valores sociais importantes (a igualdade, o respecto ao medio ambiente, o traballo en equipo, compañerismo, etc.)”.

Entre elas haberá xogos ao aire libre, festas temáticas, xincanas, saídas á piscina, excursións, deportes, etc. O prazo de inscrición para que os cativos poidan anotarse nelas está aberto dende hoxe, 19 de xuño. As inscricións poderán facerse no Concello de Viana.

 

Artigos relacionados

Back to top button