ConcellosÚltima hora

Viana do Bolo presenta unha nova campaña “a prol da igualdade de xénero”

Leva por título “Viana contra o machismo” e incluirá actividades nos centros educativos e reparto de diverso material no municipio
Presentación da nova campaña de Viana do Bolo./ Foto cedida.

O Concello de Viana do Bolo vén de presentar unha nova campaña “a prol da igualdade de xénero” que leva por título “Viana contra o machismo”. No acto contábase coa presenza do alcalde en funcións de Viana, Secundino Fernández, e da responsable do CIM neste municipio, Sara Feijóo.

Esta campaña, que forma parte das actividades do Paco de Estado contra a violencia de xénero, inclúe actividades nos centros educativos da vila. A primeira delas está prevista para o 7 de xuño no CEIP Bibei e trátase dun obradoiro titulado “Entre mulleres anda o xogo”. Xa o día 17 de xuño impartirase outro obradoiro de promoción da igualdade no IES Carlos Casares co título “Breve historia do feminismo galego”.

Ademais ao longo do mes de xuño farase un reparto de material da campaña no municipio: dípticos informativos, chapas, etc.

 

Artigos relacionados

Back to top button