ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo promociona a súa gastronomía e tradicións en Xantar

 

A gastronomía, con referentes como a androlla ou a bica manteigada, ou as tradicións representadas principalmente polo Entroido, son algúns dos recursos que Viana do Bolo dá a coñecer e promociona en Xantar, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que se desenvolve entre o 3 e o 7 de novembro en Expourense.

Alí o Concello de Viana do Bolo conta cun stand propio no que se amosan imaxes e elementos propio do seu Entroido, entre eles a figura do Boteiro ou un bombo, xunto con produtos como embutidos propios da zona. Ademais ofrécense degustacións e chourizo, salchichón e bica vianeses.

En cada xornada da feira este expositor vianés, con representación municipal. Neste sábado eran a concelleira de Cultura, Ramona García, e o concelleiro Santiago Barja os que atendían aos visitantes.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button