ConcellosEntroido 2020Última hora

Viana do Bolo promociona o seu Entroido e a Festa da Androlla no salón de turismo gastronómico Xantar

 

O rural reivindica o seu espazo en Xantar, tanto por ser o proveedor dos produtos autóctonos como por ser o que ofrece “un tipo de turismo diferente, desestacionalizado e de calidade”. Este foi o fio condutor do acto central da segunda xornada do salón de turismo gastronómico que se celebra en Expourense, e no que os alcaldes de Viana do Bolo e de Parada de Sil, Secundino Fernández e Aquilino Domínguez, que tiñan o día adicado, fixeron un chamamento “á volta ao rural para valorar todo o que ten que ofrecer”.

No seu expositor o Concello de Viana do Bolo promociona o Entroido vianés, Festa de Interese Turístico Galego que pretende acadar tamén a categoría de Festa de Interese Turístico Nacional, e a Festa da Androlla que este ano chega á 50 edición.

 

Artigos relacionados

Back to top button