ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo rexistra 13 positivos de Covid

 

O Concello de Viana do Bolo emitía nesta tarde un aviso no que informaba de que este municipio ten 13 casos activos de coronavirus, segundo os datos que lle notificaba hoxe o Sergas. Ademais nesa mesma comunicación o Concello indicaba que “as 108 persoas usuarias do programa de axuda no fogar os que se lle realizou as probas de PCR, todas foron negativas” e que as “30 auxiliares do programa de axuda no fogar ás que se lle realizou as probas PCR, todas foron negativas e xa están vacinadas coa primeira dose”.

Así mesmo, dende o Concello sinálase que “no centro médico da nosa localidade xa comenzou a vacinarse a poboación maior de 80 anos, polo que o noso concello en colaboración coa Cruz Vermella desexa facilitarlle a calquera persoa que presente dificultade para trasladarse ou ben que precise acompañamento, que se poña en contacto cos Servizos Sociais no teléfono: 988 329 260”.

Artigos relacionados

Back to top button