ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo rexistra 27 casos activos de Covid, 1 máis que onte

Centro de Saúde de Viana do Bolo.

 

Mantense a tendencia á alza nos casos activos de coronavirus en Viana do Bolo. Nesta xornada son 27 os positivos no municipio, 1 máis que onte, segundo os datos comunicados polo Sergas ao Concello e actualizados ás 18h. de onte. “Dende o Concello de Viana desexámoslle ás persoas afectadas unha pronta recuperación e poñémonos a súa disposición para o que precisen”, indican dende esta administración local.

Cribado, mañá mércores

Por outra banda, “ante o preocupante incremento de casos no noso concello nos últimos días, O pavillón municipal de Viana do Bolo acollerá o vindeiro mércores 25 de agosto un cribado poboacional de Covid con test PCR para veciños/as entre 12 e 39 anos dos concellos de Viana, A Veiga e Vilariño de Conso”, lembran dende o Concello de Viana.

O cribado desenvolverase entre as 16h. e as 19.00 h. e a inscrición para poder participar nel está xa aberta no seguinte enlace: https://coronavirus.sergas.gal/cribado/Rexistro.aspx.
☝️ Tamén poden anotarse as persoas que se atopen nestos concellos de forma provisional, aínda que non teñan médic@ no noso Centro de Saúde.

Dende o Concello de Viana pídese ás persoas desta franxa de idade que participen “voluntariamente neste cribado e axuden a deter o gran número de contaxios que se están a producir nestes concellos nos últimos días”.

Finalmente, dende esta administración local recordan á veciñanza a importancia de “extremar as precaucións e de cumprir escrupulosamente as recomendacións e normas sanitarias”.

Artigos relacionados

Back to top button