Continúan medrando os casos activos de Covid en Viana do Bolo. Son 29 positivos, 2 máis que onte, segundo os datos comunicados ao Concello polo Servizo Galego de Saúde.
Esta tarde está previsto un cribado de Covid mediante proba PCR no pavillón municipal da vila. “Recordamos a veciños e veciñas que esta tarde terá lugar un cribado poboacional no que poden e deben participar as pesoas de 12 a 39 anos dos concellos de Viana do Bolo, Vilariño de Conso e A Veiga”, lembra o Concello de Viana.
Ademais dende esta administración local insístese na importancia de “extremar as precaucións e de cumprir escrupulosamente as recomendacións e normas sanitarias”.