ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo rexistra 4 casos activos de Covid

Praza Maior de Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O municipio de Viana do Bolo rexistra neste 2 de xuño un total de 4 positivos de Covid-19, segundo os datos comunicados ao Concello polo Sergas. Son os mesmos datos de onte, pero 1 positivo máis que os rexistrados o 31 de maio.

Neste senso, dende o Concello de Viana do Bolo lémbrase a obriga de “cumprir as normas ditadas pola Xunta de Galicia” en materia sanitaria, así como de “manter e respectar as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar as reunións fora do grupo de convivencia”.

Artigos relacionados

Back to top button