ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo rexistra 6 positivos por Covid-19

Centro de Saúde de Viana do Bolo.

 

Soben os positivos de Covid-19 en de Viana do Bolo. Segundo os datos comunicados polo Sergas ao Concello neste luns (actualizados ás 18h. de onte) son 6 os casos activos existentes, o que supón 2 máis con respecto ao 30 de xullo.

“Dende o Concello desexámoslles ás persoas afectadas unha pronta recuperación e, como sempre, poñémonos a súa disposición para todo o que precisen” e, “ante o incremento de casos que estamos a experimentar incidimos na importancia da prevención e a responsabilidade de todas e todos”, resaltan dende o Concello de Viana.
Ademais dende esta administración local lembra que é “necesario e obrigatorio: cumprir as normas ditadas pola Xunta de Galicia e manter e respectar as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar as reunións fóra do grupo de convivencia”.

Artigos relacionados

Back to top button