ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana do Bolo suma 11 positivos por Covid

 

O Concello de Viana do Bolo informaba neste venres a través dun bando do número de casos activos de coronavirus que rexistra o municipio: un total de 11 positivos, son 2 máis que o 15 de febreiro e 5 máis que o 12 e febreiro. O alcalde vianés, Abelardo Carballo, indica no bando que “as persoas afectadas que o precisen poden poñerse en contactocos Servizos Sociais do Concello no teléfono: 988 329 260”.

Ademais o rexedor lémbralle á veciñanza a “necesidade de manter e respectar as medidas de protección habituais: emprego de máscara, lavado frecuente de mans e distancia de seguridade; así como limitar aomáximo as reunións fora do grupo de convivencia”.

Dende o BNG de Viana o seu concelleiro Secundino Fernández emitía tamén hoxe un comunicado de prensa pedíndolle ao Concello máis información no referente aos datos do Covid e á vacinación. “Non é de recibo que mentres outros concellos informan puntualmente e fan públicos os datos remitidos polo Sergas; o goberno do concello de Viana do Bolo non o faga”, indica Fernández, que tamén lle pide ao Concello que solicite un cribado poboacional no municipio.

Artigos relacionados

Back to top button