ConcellosÚltima hora

Viana do Bolo suma 21 casos activos por Covid

Centro de Saúde de Viana do Bolo.

 

Dispáranse os positivos de Covid-19 en Viana do Bolo. Dende o Concello confirmábase neste 22 de agosto que o municipio rexistra 21 casos activos de coronavirus, o que supón 15 máis que o pasado venres. Así o día 21 de agosto Viana tiña 6 positivos, pasando o sábado a 16 (10 máis) e xa hoxe a 21.

“Ante esta situación pedimos á veciñanza que extreme as precaucións e que siga escrupulosamente as recomendacións e normas sanitarias”, destacan dende o Concello de Viana do Bolo.

Ademais dende esta administración local matízase que “os positivos que están desprazados no noso Concello, non computan aquí, polo que nos resulta imposible coñecer o número dos mesmos”.

O municipio rexistra unha incidencia acumulada a 7 días de >250 e de >500 a 14 días, segundo a Consellería de Sanidade.

Fonte: Consellería de Sanidade.

 

Artigos relacionados

Back to top button