CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Viana do Bolo vibra co IV Xostra Rock

Este festival vén de abrir o 11 de agosto o programa das festas desta localidade que se prolongarán ata o 16 de agosto con multitude de actos

Co intenso ritmo da Banda da Loba iniciábase na noite do 11 de agosto na praza Maior de Viana do Bolo o IV Xostra Rock. Esta formación, considerada unha das bandas de maior éxito do panorama musical galego, deixaba paso sobre o escenario a Mitic, que reinterpreta míticos temas de bandas dos oitenta e onde a gaita leva a voz cantante. No seu espectáculo soaban pezas de The Eagles como “Hotel California”, de Bony Tyler, “Simply the Best” de Tina Turner ou “Carry” de Europe, entre outras. Precisamente coa coñecida canción “The Final Countdown” do xa citado Europe poñían fin a súa actuación.

O terceiro e derradeiro grupo do Xostra Rock era Liviao de Marrao, que define a súa música como “Ska-Punk-Folk-Bravú”. Este grupo de Chantada mestura nas súas letras a protesta perante as inxustizas co humor e a retranca galega.

A música proseguirá na xornada do 12 de agosto en Viana pero cun estilo completamente diferente. Ata a vila chegan as XXXV Xornadas de Folclore. Este ano contarase con grupos chegados dende Arxentina, Sudáfrica e Bielorrusia. Será tamén na praza Maior a partires das 22:30h.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button