En portada

Viana do Bolo vístese de festa

Esta localidade celebrará ata o 17 de agosto as súas festas patronais con multitude de actos
Unha das verbenas de Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.
Unha das verbenas de Viana do Bolo./ Foto: Carlos G. Hervella.

Coa colaboración e implicación de asociacións e particulares, o Concello de Viana do Bolo vén de perfilar o que será o programa cultural do mes de agosto. Un programa que inclúe os sete días que durarán as festas patronais na honra á Virxe da Asunción e San Roque, con actividades para tódolos gustos, pero que vai moito máis aló completando boa parte do mes, especialmente nas fins de semana.

Unhas festas que se estenderán ao longo de sete días e que arrancaban o martes 11 cunha exitosa e multitudinaria actuación do Mago Teto sobre os anos 80. Co venres día 14 chegará o momento das orquestras coa actuación de Madeira en sesión de tarde e verbena.

Os días 15 e 16 de agosto, serán os máis fortes das festas. O primeiro, na honra á Virxe da Asunción haberá unha alborada coa Banda de Gaitas, así como a tradicional procesión e posterior eucaristía na honra á Virxe. Pola tarde a orquestra Israel será a encargada de facer bailar a veciños e visitantes na praza Maior de Viana. O segundo día, 16 de agosto, a procesión e misa será na honra ao San Roque coa actuación da Banda de Música da Escola de Xinzo de Limia e da orquestra Trébol que achegará ata Viana os son máis quentes do verán.

E así, ao son da orquestra, chegaremos ao derradeiro día de festas, o luns 17 de agosto coa celebración do I festival de rock, A Xostra Rock, ás 22:30 horas na praza Maior, organizado polos mozos de Viana en colaboración coa comisión de festas, que contará coa actuación de tres bandas: Teta’s Van, Dkona Rock e os vianeses Cabo da Vila.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Back to top button