ConcellosÚltima hora

Viana é unha das áreas nas que a Xunta declarará a emerxencia cinexética temporal para o control do xabarín

Solicitarase aos concellos e as deputacións "a súa colaboración para a posta en marcha de medidas informativas e preventivas para a xestión da biomasa e o control de maleza, xa que son zonas idóneas para a cría e o asentamento desta especie"

Xabaríns.

 

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda declarará a emerxencia cinexética temporal en catro áreas galegas que agrupan máis dunha trintena de concellos galegos, entre as que está a comarca de Viana que engloba aos concellos da Gudiña, A Mezquita, Viana do Bolo e Vilariño de Conso (74.630 ha). Así o anunciana a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, durante unha rolda de prensa sobre o plan de medidas de control do xabaril.

A directora xeral sinalou que se trata dunha decisión que adopta o Goberno galego tras constatar a “existencia de danos ocasionados á agricultura”, coa que se permite abater ou capturar exemplares de xabaril sen límites de cupo de ambos sexos, durante o período hábil de caza, que abranguerá ata o 29 de febreiro de 2020. No período que abrangue ata o 6 de xaneiro de 2020 poderán realizarse cazarías de xabarín o luns, martes, mércores, venres e sábados, sempre que non sexan festivos; e desde o 7 de xaneiro ao 29 de febreiro de 2020, ambos incluñidos, poderán efectuarse cacerías os luns, martes, mércores e venres, sempre que non sexan festivos.

Belén do Campo lembrou que o Decreto 284/2001, do 6 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Caza de Galicia, prevé que “cando nunha comarca exista unha determinada especie cinexética que resulte perigosa para as persoas ou prexudicial para a agricultura, a gandería, os montes ou a propia caza, poderá declararse como zona de emerxencia cinexética temporal, e determinarse as épocas e medidas conducentes a eliminar o risco e reducir o tamaño das poboacións”. Así mesmo, permitirase aos propietarios dos terreos afectados por danos do xabarín, realizar persoalmente ou mediante terceiros, agardas ou esperas, e a captura dos animais mediante o emprego de gaiolas.

 

A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo.

 

A Xunta toma esta decisión “tendo en conta os datos que reflicten unha sobrepresenza de xabarín na Comunidade, pois ata a data se teñen comunicados 3.907 avisos (a través do 112) por danos de xabaril, se abateron 16.108 exemplares (dentro da tempada hábil e derivadas de accións por danos), se autorizaron 31.724 cacerías e provocaron 1.805 accidentes de tráfico, segundo as cifras reportadas pola Dirección Xeral de Tráfico a principios de setembro”, explicou a directora xeral de Patrimonio Natural.

Desde ADEGA consideran “dunha extrema irresponsabilidade as medidas que a Consellaría de Medio Ambiente vén de lanzar para diminuír o tamaño das poboacións de xabarín, xa que constitúen un auténtico risco para a seguridade das persoas que habiten ou circulen polos montes destes 33 municipios (algúns deles bastante poboados)”, considerando que “non está sustentada en criterios técnicos” e “o máis lóxico e sensato sería elaborar un Plan de xestión e censo da especie”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button