ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana, entre os concellos da 2ª fase de tramitación dos plans básicos municipais

Esta mañá presentábanse os traballos relativos á segunda fase da tramitación dos plans básicos municipais, co que se obterá a cartografía de 100.000 hectáreas de Viana do Bolo, Alfoz, Samos, Beariz, Lobeira, Punxín, San Cristovo de Cea, Dozón e Guntín.

Era precisamente nesta localidade onde celebraba este acto de presentación que contaba cos asistencia, entre outras autoridades, da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, asíc como coa dos rexedores municipais (agás o de Lobeira, representado pola secretaria) destes nove concellos e dos delegados territoriais de Ourense e Lugo, Gabriel Alén e Javier Arias, respectivamente.

Vázquez Mejuto avanzou que as previsións do Goberno son dispoñer deste material no último trimestre do ano, pois este traballo técnico é imprescindible para poder comezar co redacción dun plan básico municipal. Ademais, anunciou que paralelamente se iniciará, tamén no último trimestre, a licitación destas ferramentas.

Indicou que este camiño xa foi iniciado por Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada, Triacastela, Cartelle, Padrenda, Porqueira e San Xoán de Río; que tomaron como modelo e exemplo o plan básico do Páramo, redacto e impulsado pola Xunta. Estes concellos da primeira fase xa contan todos coa aprobación inicial.

Deste xeito, resta un grupo de 17 concellos que poderían optar por esta ferramenta para acadar unha ordenación responsable e sustentable do seu termo municipal.

A conselleira de Medio Ambiente trasladou que o urbanismo é unha tarefa que precisa do traballo de todos, “por iso a Xunta estará ao lado das administracións locais concedendo axudas para a redacción dun PXOM ou para a elaboración dun plan básico, tal e como fixo con estes 18 concellos; así como prestar o apoio e asesoramento técnico que necesiten”.

Artigos relacionados

Back to top button