CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

Viana estrea nova sala de exposicións cunha mostra sobre o Entroido

Está situada na Casa do Concello e o seu acto inaugural tiña lugar na tarde do 25 de febreiro

Cunha mostra de carteis de Entroido e de dúas máscaras completas de Boteiros vianeses (unha delas a de Vilarmeao, diferente ás do resto do municipio) inaugurábase ás sete da tarde do 25 de febreiro a nova sala de exposicións de Viana, ubicada na Casa do Concello.

Dende o Concello de Viana do Bolo informamos que o vindeiro luns 25 de febreiro ás 19H terá lugar a inauguración da nova Sala de Exposicións ubicada na Casa do Concello.

O evento contaba tamén coa proxección de 2 curtas documentais sobre o noso Entroido “Boteiro” e “Bombos e Bombeiros” (contando para estas proxeccións coa colaboración do Cine- Clube A Lanterna).

Esta mostra sobre o Entroido permanecerá aberta en horario de 17 a 19 h durante todas as datas da festa.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button