CulturaGalerías de fotosÚltima hora

Viana homenaxea a Rosalía de Castro

Con motivo do día adicado a esta poetisa, o Concello organizaba unha lectura da súa obra e un concerto do grupo Xardín Desordenado

Rosas brancas, versos e música en Viana do Bolo para lembrar a Rosalía de Castro. Esta vila celebraba na tarde do 24 de febreiro varios actos para conmemorar o día adicado a esta poetisa galega. Así ás 18h. tiña lugar unha lectura da obra de Rosalía por parte de vianeses de diferentes idades: dende meniños ata maiores. Todos eles recibían un agasallo pola súa participación.

E despois dos textos, chegaba a música da man do grupo Xardín Desordenado co concerto “Rosalía entre outras cousas”. Nesta actuación intepretaban cancións compostas sobre textos da autora de “Follas novas” e doutras seis poetisas galegas de distintas xeracións: Yolanda Castaño, Lucía Aldao, Luisa Castro, Olga Novo, Carmen Kruckenberg e Cristal Méndez Queizán.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button