ConcellosÚltima hora

Viana incrementa os premios do concurso de carrozas de Entroido e disfraces

O Concello vén de facer públicas as bases deste dous certames
Participantes disfrazados no desfile do Domingo Gordo do 2018./ Foto: Mónica G. Bellver.

Un total de 3.000 euros para o concurso de carrozas e 850 para o de disfraces. Son as cantidades económicas que o Concello de Viana do Bolo destinará a estes concursos de Entroido, tal e como vén de facer público esta entidade local, ao publicar as bases de cada un dos certames.

Así, no concurso de carrozas “duplicamos os premios chegando aos 3.000 euros”, matiza o alcalde, Secundino Fernández. Así, ao primeiro premio destinaranse 600 €, ao segundo 400 € e ao terceiro 200 €”. Tamén se repartiran outros 1800 € entre todos os participantes. O prazo límite para anotarse será o xoves 28 de febreiro.

No concurso de disfraces os premios “a repartir nas diferentes modalidades serán dun total de 850 €”, engade o rexedor.

Mais información en:
http://www.vianadobolo.es/index.php/gl/

Artigos relacionados

Back to top button