ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana pecha ao público a Casa da Cultura, as piscinas municipais e os parques infantís

Tamén se suspende a celebración das feiras e mercados no municipio, segundo unha resolución do alcalde

Piscinas municipais de Viana do Bolo.

 

Ante a situación sanitaria que se vive en Viana do Bolo, con 21 casos activos por coronavirus, o seu alcalde, Secundino Fernández, vén de ditar unha resolución cunha serie de medidas. Entre elas figuran a “suspensión da apertura ao público da Casa da Cultura, a Sala de Exposicións, os Parques infantís, e mais as Piscinas Municipais”.

Tamén se suspende a celebración das feiras e mercados no Concello de Viana do Bolo.

A resolución da alcaldía pode consultarse aquí:

Artigos relacionados

Back to top button