ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana presenta o seu programa de verán con moito deporte, moda e música

 

Actividades lúdicas, culturais, festivas e deportivas para tódolos públicos e para tódalas idades. Son algunhas das propostas do programa de “Verán 2021” que vén de presentar o Concello de Viana do Bolo para os meses de xullo e agosto.

Así, entre as iniciativas incluídas figuran actividades de conciliación como a ludoteca e o campamento de verán, actos e eventos en colaboración coas diversas asociación culturais de Viana (teatro, actuacións musicais, exposicións, andainas, rutas culturais, desfile de moda…).

Ademais, dende o Concello de Viana faise unha “mención especial para as actividades que terán lugar durante as festas patronais, entre as que se inclúen a “Festa dos anos 80″, actuacións de Bandas de música e Gaitas, concertos… e moitas actividades para o disfrute dos/as veciños e veciñas de Viana”.

Así mesmo, sobresae o deporte con eventos de “importante calado a nivel nacional e autonómico coma: o Campus do Atlético de Madrid, a regata provincial de piragüismo, andaina “Terras do Bibei”. Tamén eventos máis “amateur”, pero igual de divertidos e relevantes coma rutas de senderismo, alquiler de Kaiaks, tirolina na piscina…”, segundo o Concello de Viana.

Artigos relacionados

Back to top button