CulturaCulturaÚltima hora

Viana presenta un variado programa de verán con teatro, música, deporte e mesmo circo

O alcalde e a concelleira de Cultura de Viana do Bolo, na presentación do programa de actividades do verán./ Foto cedida.

Do máis diverso e para todas as idades e públicos. Así son as actividades do “Verán 2018” en Viana do Bolo, que veñen de presentar o alcaldes vianés, Secundino Fernández, e a concelleira de Cultura, Graciela Diéguez

“Son actividades variadas e diversas nas que sobresae o calendario festivo en torno ás festas patronais. Contaremos con ludoteca e campamento de verán para as nenas e nenos, teatro en colaboración co grupo de teatro Candea, festivais de corais en colaboración coas agrupacions Candea e Orfeón Vianés, festa da cervexa, romaría de época no Cabo da Vila en colaboración coa asociación de veciños do Cabo da Vila, actividades na piscina, e un montón de propostas deportivas”, destaca o rexedor de Viana.

O programa iniciarase o vindeiro 9 de xullo coa ludoteca e neste mesmo mes sobresaen actividades como a V Mostra de Teatro Afeccionado (28 e 29 de xullo), ou a posta en marcha da bibliopiscina.  A música cobrará especial protagonismo en agosto co Festival Coral e Banda da Coral Candea (4 de agosto), coa XIII Mostra de Corais do Orfeón Vianés o 11 de agosto ou, xa dentro das festas patronais (15-17 de agosto), coa IV Xostra, as Xornadas de Folclore, as actuacións de bandas e orquestras e unha gala de circo na rúa.

O deporte será outro dos eixos deste verán con torneos de pádel e de fútbol 5, clases de tenis, xornadas de kaiak e paddle board, andainas diurnas e nocturnas, ou o XVIII Torneo de Bolos de Punxeiro.

 

Carteis coas actividades./ Foto cedida.

 

Artigos relacionados

Back to top button