EconomíaEconomíaÚltima hora

Viana propón unha fin de semana refrescante coa 1ª Festa da Cervexa Artesá

A praza Maior da vila acollerá os días 15 e 16 de xullo esta mostra, que reunirá a cinco elaboradores

 

Os afeccionados ao mundo da cervexa artesá terán unha boa oportunidade de desfrutar deste tipo de elaboración na vindeira fin de semana en Viana do Bolo. A praza desta vila acollerá os días 15 e 16 de xullo a “1ª Feira da Cervexa Artesá”, que reunirá a cinco cervexeiros.

A mostra, organizada polo Concello de Viana do Bolo en colaboración coa “Asociación para la Divulgación de la Cultura Cervecera Artesana”, estará aberta pola mañá (a partires das 12h.) e pola tarde (ao redor das sete). As persoas que se acheguen ata ela poderán catar diversas marcas de cervexas, unhas elaboradas con mel, outras ecolóxicas, algunhas afrodisíacas, etc. Ademais no caso do sábado pola tarde o ambiente estará animado pola actuación do grupo Os Bertolini de Manzaneda, que tocarán dende as oito.

“Esta é a primeira vez que organizamos esta iniciativa e esperamos que a xente se anime, participe e que a iniciativa poda ter continuidade. De feito, se hai boa resposta, a intención para o vindeiro ano é seguir ampliando o número de stands”, asegura a concelleira de Cultura de Viana, Graciela Diéguez.

 

Cartel da feira.

Artigos relacionados

Back to top button