A iniciativa está sendo promovida polo Grupo de Lactancia de Viana do Bolo
Dende material infantil (portabebés, pañales, toalliñas, biberóns…), pasando por alimentación infantil, material hixiénico e sanitario, ata material de acampada e escolar. Dende o Grupo de Lactancia e Crianza de Viana do Bolo estase facer unha recollida de material de axuda para refuxiadas sirias. A recollida farase na Escola Fogar (entrada polo patio de buses) o 17 de marzo de 16h. a 19h. e o domingo 20 de marzo (de 11h. a 14h. e de 16h. a 20h.).
Asemade hai varios puntos recollida permanente ata o sábado 19 de marzo: Bazar Vidueira Don Euro, Colexio Bibei, IES Carlos Casares e Clínica Dental A Gudiña (na Gudiña).