ConcellosÚltima horaViana do Bolo

Viana retoma a celebración de San Antón no barrio do Toural

 

A de San Antón é unha conmemoración que cada 13 de xuño protagoniza a xornada en numerosas localidades e mesmo barrios.

Así, na mañá deste domingo, aínda que mantendo as medida sanitarias vixentes, eran varias as parroquias que festexaban a data en Valdeorras (Fontei na Rúa, Viloira no Barco, Sobradelo,…) pero máis alá da comarca, da man da comisión de festas formada por varios mozos entre os que está Jorge Álvarez, retomábase a celebración no barrio do Toural, en Viana do Bolo, cun pequeno pero completo programa (con protocolo anticovid) que arrancaba cun partido amigable na tarde do sábado no campo de fútbol das Carrelas.

 

Entre os membros da comisión está Jorge Álvarez (terceiro pola dereita). /Foto cedida.

 

E xa hoxe pola mañá, a actividade trasladábase ata o campo da festa, un espazo cuberto reconvertido para a ocasión nunha colorida capela con alfombra floral incluída, onde tiña lugar a misa solemne na honra a San Antón amenizada musicalmente pola charanga BB+.

A mesma charanga poñía son e ritmo a unha animada sesión vermú polas rúas do barrio.

 

San Antón de Padua. /Foto: Ares Pérez.

 

Fotos: Ares Pérez e cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button