Viaxe cultural a Madrid do alumnado do IES Cosme López da Rúa

Están a visitar lugares de interese histórico-artístico, ademais de asistir a un espectáculo musical e achegarse ao estadio Santiago Bernabeu, entre outros espazos

Os alumnos de 4º de ESO participan nestes días na saída cultural a Madrid que, como todos os anos, organiza o IES Cosme López Rodríguez da Rúa. No marco desta viaxe o grupo, integrado por 18 alumnos e os profesores Pilar Enríquez e Víctor Porto, visitou as instalacións do estadio Santiago Bernabeu e asistiu á representación do musical Billy Elliot, no Novo Teatro Alcalá.

Ademais tiveron a oportunidade de coñecer a historia, as lendas e a cultura da localidade de Alcalá de Henares, a través da visita guiada Cervantalia, unha actividade que cun percorrido para coñecer o corral de comedias, a praza de Cervantes e a universidade, entre outros lugares destacados.

O grupo pasará un día no parque de atraccións e coñecerá o Museo do Prado a través dunha actividade educativa, ademais de achegarse ás rúas e lugares máis importantes do centro da capital: Parque do Retiro, Cibeles, Carreira de San Xerónimo, Congreso dos Deputados, Porta do Sol, rúa Mayor, Praza Maior, Concello, Praza de España, Templo de Debod, Pazo de Oriente, Teatro Real, Catedral da Almudena, Xardíns do Campo do Mouro…

Fotos: IES Cosme López.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies