OurenseÚltima hora

Viaxe cultural a Parada de Sil dun grupo de internos do Centro Penitenciario de Pereiro

Visitaban lugares emblemáticos deste municipio como a Pasarela do Mao, a Fábrica da Luz e o Mosteiro de Santa Cristina
Participantes na visita a Parada de Sil./ Foto cedida.

Un grupo de 14 internos do Centro Penitenciario de Pereiro, acompañados de funcionarios, educador, psicóloga e director, realizaban unha visita educativa ao concello de Parada de Sil.

“Entre os obxectivos dos centros penitenciarios na lexilación española está o de reeducación e reinserción social, obxectivo polo que aposta o director deste centro así como os funcionarios. Esta vez tocou que disfrutaran e aprenderan a valorar unha zona da Ribeira Sacra que está pondo de maneira rigurosa en valor a súa paisaxe e o seu patrimonio, por iso foron á Pasarela do Mao, á Fábrica da Luz, ao Mosteiro de Santa Cristina e logo tiveron un xantar de confraterniadade nun dos establecementos de resturación de Parada”, segundo se informa dende o Concello.

Os responsables desta viaxe educativa, así como os participantes, amosaron a súa total satisfacción, co desenvolvemento da mesma.

 

Artigos relacionados

Back to top button