ColaboraciónsOpiniónPremio Literario M. Tremiñá

A viaxe de Charlotte e o seu pai

Relato de Lucía Álvarez Santalla segunda no premio no VIII Concurso Literario de Lingua Galega do Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños na categoría de 0 a 11 anos

Había unha vez un pai chamado Tomás. Era alto, delgado, rubio e cuns ollos azuis moi grandes.
A súa filla chamábase Charlotte, que era unha nena guapa, cos ollos marróns e moi lista.

Un día que ían a tomar algo a un bar viron a uns “amigos” da infancia do pai, pero non eran bós, senón o contrario:
Cando o pai era pequeño, había uns nenos que sempre lle insultaban e se chinchaban con que el non era valente.
Alí no bar dixéronlle que lle facían un reto. O reto consistía en dar unha volta ao mundo en diferentes vehículos.

Tiñan que sair o día 17-02-2000 e solo faltaban 3 días.
Tiñan que volver o día 18-03-2000.
Ao final de dar a volta polo mundo tiñan que ir a Torre Eiffel a París para subir ao pico da Torre e poñer unha bandeira; e ise era o reto.
O pai mais a filla aceptaron.

Primeiro tiveron que empaquetar toda a súa roupa para empezar a viaxe.
Sairon o día acordado.

Empezaron a viaxe en coche e foron dende Galicia ata Francia; despois de Francia a Alemania, e en Alemania pasaron estas cousas:
Un día ían por Alemania e viron unha sombra.
Charlotte tiña medo porque pensaba que era unha pantasma…
O pai explicoulle que as pantasmas non existen e que ademáis estaba él alí para protexela.
Era un ladrón que lle quería roubar a carteira.
E consegiuno. Despois dun día habían encontrado ao ladrón, e devolvéronlle a carteira, ese día durmiron nunha pousada.
Dende Alemania marcharon a Rusia en globo.
Tomás mais Charlotte non se enteraron de que o globo en vez de subir, baixaba.
Cando se enteraron abrazáronse e non se separaron.
Caeron nunha illa nova.
Acababan de descubrir unha illa nova!!
Nesa illa Tomás foi o máis famoso, xunto coa súa filla.
A illa chamábase: Betonia .
Sairon nas noticias e os seus enimigos desde Galicia vírono pola tele e puxeron cara de enfadados, porque non lles había ido nada mal.
Un día marcharon a Reino Unido outro a Xapón….
O rematar de percorrer o mundo o pai parouse a pensar:
-Merecera a pena gañar???

A filla díxolle que si, que ella quería que non insultaran ao pai e que si facian iso nunca mais ian a insultalo.
E chegou o gran día!! Tiñan que ir dende Estados Unidos ata París.
Cando chegaron todos alegres foron coller un autobús, pero caiulles o billete que era para poder entrar no autobús.
Compraron outro billete para poder entrar.
Cando chegaron a Torre Eiffel todos alegres esperaron a cola 2 días.
Cando logran subir lévalles 1 h. subir as escaleiras ata o pico.
Chegaron arriba de todo puxeron a bandeira e por fin cumpliran o reto!!!!!
Sairon na tele, e os seus inimigos non se volveron a rir nunca del.

Artigos relacionados

Back to top button