En portadaÚltima hora

Viaxe do GDR Sil-Bibei-Navea para coñecer o cooperativismo no norte de Cáceres

O programa inclúe visitas a diversas explotacións deste tipo en sectores como o da castaña, a frambuesa, os arandos ou a cereixa

Uns vinte representantes da Asociación para o Desenvolvemento Rural (GDR 8) Sil-Bibei-Navea están a realizar unha viaxe ao norte de Cáceres co fin de coñecer as experiencias de cooperativismo que están marcha no Val do Jerte en sectores como o da castaña, frambuesa, cereixa ou os arandos.

A viaxe comezaba o 21 de maio en Plasencia, onde pola tarde asistían a unha charla impartida por María Ramos García, investigadora do Centro de Agricultura Ecolóxica e de Montaña (CAEM). Ao día seguinte, 22 de maio, visitaban pola mañá unha explotación de cereixas en Cabrero da man de Pablo Bañuls e Marco Antonio Manzano, investigadores do CAEM, e pola tarde coñecían a agrupación de cooperativas do Val do Jerte (Valdastillas) e escoitaban unha charla de Francisco Alcaín (xefe de produción da agrupación) sobre o funcionamento cooperativo e a xestión de cooperativas de segundo grao, ademais de ver as instalacións de procesado e confección de froita (castaña, figo, frambuesa, liña de calibración e etiquetado…).

O 23 de maio adicábase a percorrer unha finca de produción de frambuesas e doutros froitais e a ver o campo de ensaio de variedades de frambuesas en Yuste, ademais dunha explotación de castiñeiros en Jaraíz de la Vera. A viaxe conclúe este 24 de maio cun programa que inclúe unha visita a unha finca de arandos e de ensaios de variedades no arando en O Torno, dirixida por José Izquierdo, produtor destes froitos e técnico de berries da ACV.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button