OurenseÚltima hora

Viaxe inaugural dende Ourense do “IV Galicia a todo tren”

O Tren do Viño da Ribeira Sacra é un dos nove itinerarios turísticos incluídos na nova edición deste programa
O xerente do Inorde, a directora de Turismo de Galicia e o vicepresidente da Deputación de Ourense, antes de facer a viaxe inaugural.
O xerente do Inorde, a directora de Turismo de Galicia e o vicepresidente da Deputación de Ourense, antes de facer a viaxe inaugural.

Dende a estación de Ourense partía na mañá do 11 de xuño a primeira das viaxes pola Ribeira Sacra do tren turístico Aba Sacra. Deste xeito poñíase en marcha o Tren do Viño da Ribeira Sacra, un dos nove itinerarios temáticos que este verano percorrerán Galicia no marco da cuarta edición do programa de trens turísticos “Galicia a todo tren”, promovido pola Xunta de Galicia, Renfe e a Deputación de Ourense a través do Inorde. A ruta inclúe unha visita á adega Regina Viarum, ao Centro de Interpretación do Viño en Monforte de Lemos, un paseo en catamarán polo río Sil e a visita tanto ao Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil como á Aula do Ferrocarril dos Peares.

Esta viaxe inaugural contaba con pasaxeiros como a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, e o xerente de Inorde, José Manuel Rodríguez. Nava Castro explicaba que nesta nova edición se incrementará a oferta global en 84 novas prazas grazas aos bos resultados obtidos na edición anterior, na que se obtivo unha ocupación do 87%, superando os 2.200 pasaxeiros, fronte aos 600 da primeira edición, e cun incremento de cinco puntos porcentuais con relación a 2014.

Artigos relacionados

Back to top button