CulturaCulturaÚltima hora

“Viaxe sen retorno” de Manuel Mandianes

O profesor presentará o libro mañá 26 de agosto na Casa da Cultura de Xinzo
Cartel da presentación do libro
Cartel da presentación do libro

Mañá, martes 26 de agosto ás 20:30h. no Auditorio Ángel Cocho Ferrero da Casa da Cultura de Xinzo de Limia, terá lugar a presentación de “Viaxe sen retorno” o novo libro do profesor Manuel Mandianes Castro. Un libro no que Mandianes fai un retrato da alma do emigrante, as súas ilusións e decepción, esperanzas e frustración e o seu imposible retorno ao país de orixe.

O acto está organizado polo concello de Xinzo de Limia e contará coa presenza do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez.

Por deferencia da librería Galaica de Xinzo, no acto haberá venda de libros, co asinamento por parte do autor trala presentación.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button