DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Vicente Solarat Maceda dá nome ao campo de fútbol da Rúa

A placa era descuberta no marco da XII Festa do Codillo

Non é o campo de herba natural que el coidaba con mimo cada día (actualmente é un parque) pero Solarat ten por fin o seu propio campo de fútbol. Dende hoxe, 26 de xaneiro, o campo de céspede artificial no que o C.D. Rúa adestra e xoga día a día leva por nome Vicente Solarat Maceda.

A placa descubríaa a súa viúva Angelita López, como parte da homenaxe que o seu home recibía por parte do Concello no marco da XII Festa do Codillo. A súa implicación co pobo e coa súa xente pero sobre todo co Aguillón e o seu entorno, que coidou ata o final da súa vida, fixérono máis que merecedor desta honra.

Hoxe, acompañando a Angelita e ao acalde da Rúa Luis Fernández Gudiña, estaban os fillos do homenaxeado Rogelio e José Vicente e tamén os seus netos Belén, Luis e Jimena, ademais de membros da corporación municipal e autoridades convidadas ao xantar que tiña lugar uns minutos despois no pavillón deportivo ubicado moi preto do campo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button