Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

Víctor Loira completa no Barco as etapas ourensás do seu reto para dar visibilidade ás enfermidades inflamatorias intestinais

Era recibido na entrada do Hospital Comarcal Valdeorras por diversas autoridades, entre elas o conselleiro de Sanidade

Dende A Veiga ata O Barco. O deportista e paciente de enfermidade de Crohn, Víctor Loira, completaba na mañá do 23 de agosto este traxecto da quinta etapa do reto que está a realizar percorrendo Galicia en patín e bicicleta para dar visibilidade ás enfermidades inflamatorias intestinais. Neste caso viña en patín e á súa chegada ao Hospital Comarcal Valdeorras (O Barco), en torno ás once e media da mañá, era recibido entre apertas por diversas autoridades, entre elas o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez, o xerente do Sergas en Ourense, Julio García Comesaña, e polo novo xerente do Hospital Comarcal Valdeorras, Francisco Contreras.

Amosábase algo canso pola dureza do percorrido, pero tamén moi ilusionado e agradecido. Con este singular reto percorrerá as catro provincias de Galicia, tendo prevista a chegada a Santiago de Compostela despois de 17 etapas e de 1.320 kilómetros. En varias das etapas visitará un hospital da rede do Servizo Galego de Saúde e fará uso dos aseos adaptados para persoas ostomizadas que a Consellería de Sanidade ten instalados en varios hospitais de Galicia.

Na etapa deste xoves Víctor Loira está usando o patinete para cubrir a distancia de 56 km que o levará ata a localidade de Montefurado (Quiroga), despois de pasar polo Hospital Comarcal de Valdeorras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close