DeportesGalerías de fotosÚltima hora

Víctor Senra, segundo no I Ralimix A Gudiña

O piloto local Felipe Fernández, décimo na xeral, liderou a categoría 5

Un total de 20 vehículos participaban no I Ralimix A Gudiña, a segunda proba do Campionato Galego Ralimix 2014, a fin de semana do 3 e 4 de maio. Unha carreira na que se mesturaba o espectáculo da terra coa emoción do asfalto.

Tralas cinco pasadas das que constaba a competición, finalmente foi o madrileño José López Planelles, da escudería Ya-Car Racing, o gañador absoluto cun tempo total de 40:18.873; o galego Víctor Senra co seu Citroën C2 foi segundo investindo un tempo de 40:46.129; e Tino Iglesias no seu Ford Fiesta R2, terceiro cun tempo de 40:54.995. Segundo explican dende a organización, a escudería HC Competición “os tres primeiros nomes da clasificación xeral foron os únicos capaces de baixar dos oito minutos na última das pasadas por el circuíto de 11,5 km. de asfalto e terra”.

Por clases, Planelles impúxose na 1, Víctor Senra na 2, e o seu pai Manuel Senra, a bordo do Peugeot 309 GTI, na 3. O piloto local Felipe Fernández Martínez reinou na categoría 5 aos mandos do seu Seat León Cupra. Despois de estar entre os catro primeiros da clasificación durante toda a proba, a rotura do palier impedíulle ao piloto de A Gudiña liderar a xeral, baixando ata o décimo posto aínda que asegurou a primeira posición da súa clase. “Na última pasada fixemos máis de medio tramo co palier roto” explica o propio corredor, asegurando que o tramo era moi bonito “a min gústame máis a terra pero levaba unha parte de case 3 quilómetros de asfalto e a verdade é que estivo ben”.

Malia non contar con demasiada afluencia de xente, o piloto ourensán asegura que para ser a primeira vez que se facía esta proba na Gudiña, saíu todo ben “aos pilotos gustoulles o tramo, a ver se para o ano que vén conseguimos volver facelo”.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información é imaxes na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close