ConcellosÚltima hora

“Vida de cans”, a historia de Nemo, Nolo e Lupo, chega ao Barco o 11 de outubro

Este espectáculo, escrito e dirixido por Cándido Pazó, poderá verse no Teatro Lauro Olmo ás 21h.

Unha escena de “Vida de cans”./ Foto: Talía Teatro.

 

O escenario do Teatro Lauro Olmo do Barco converterase na noite do 11 de outubro nun recinto no que convivirán tres cans moi diferentes: Nemo (un dálmata novo e ben educado), Nolo (un vello e sabio setter) e Lupo (“o fillo da diversidade, mestura de raza loba”). Son os protagonistas de “Vida de cans. Alegoría canina en cinco ladridos escénicos”, un espectáculo de Talía Teatro que está escrito e dirixido por Cándido Pazó.

Ese recinto que comparten resulta moi cómodo, grande e limpo, pero está pechado. E fóra del está a liberdade. Cada un dos tres cans (interpretados por Toño Casais, Artur Trillo e Dani Trillo) afronta o conflito segundo a súa personalidade. “Ou segundo a súa canalidade. E todo vai derivando cara unha traxedia que nunca deixa de ser comedia”, citando á compañía.

Esta representación, cunha duración de 70 minutos, poderá verse o vindeiro venres no Barco partires das 21h.

Artigos relacionados

Back to top button