PolíticaÚltima hora

“Vidas da República”, xornada aberta ao público o 10 de xuño no Barco

A iniciativa, promovida polo partido socialista barquense, contará, entre outros participantes, coa neta de Carmen Negrín, neta do segundo presidente da República

 

A Agrupación Socialista do Barco de Valdeorras vén de informar da celebración o vindeiro 10 de xuño do acto público “Vidas da República”, que se celebrará ás 20h. no salón de actos do edificio multiusos desta vila.

Nel contarase coa presenza de Carmen Negrín, neta do presidente da 2° República Juan Negrín (1937-45), actualmente residente en París. Tamén participarán Julia Cela, profesora da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Complutense de Madrid, e Félix Vidal, patrono da Fundación Juan Negrí e produtor do documental ” La amarga derrota da. República” que se proxectará durante o evento.

“Trátase dun acto aberto ao público en xeral que teña interese e curiosidade por esa parte tan próxima da nosa historia e que está de actualidade. Haberá debate aberto ao público”, adiantan dende a agrupación socialista barquense.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button