OurenseÚltima hora

(Vídeo) Cristina Pato e Nicholas Cords fan unha previa do concerto deste xoves en Ourense

A actuación será no Teatro Principal de Ourense ás 20:30 horas

A músico ourensá Cristina Pato e o norteamericano Nicholas Cords chegan a Ourense para ofrecer, dentro do V ciclo “En Clave de Cámara”, un recital a piano e viola respectivamente.

Na mañá de hoxe, 13 de decembro, ofreceron un pequeno adianto no Liceo de Ourense do que van interpretar mañá xoves, 14 de decembro, no Teatro Principal de Ourense ás 20:30 horas. Segundo explicou Cristina Pato, o “leimotive” deste concerto é transmitir “un momento de paz e espiritualidade” a través da nova música.

Tanto Nicholas Cords como Cristina Pato traballan xuntos no Silk Road Project, do violonchelistas Yo-Yo Ma. Un proxecto e un colectivo musical que aspira a crear un mundo mellor a través dunha radical e transcultural colaboración entre artistas. Nicholas é o director artístico e Cristina Pato é a asesora de educación. Pero tamén o fan como intérpretes, xa que percorreron o mundo con xiras que os levaron a moitos dos teatros máis emblemáticos, coma o Lincoln Center, New York, a Ópera de París ou o Concertgebow de Ámsterdam.

Nicholas explicou que os espectadores ourensáns poderán escoitar en primicia o tema “Endlessly, I would have walked…” de Dana Lyn, “unha compositora taiwanesa e americana, que está especializada en música irlandesa, xa que estudou en Dublín, e esta composición está inspirada en versos de Paul Auster”. De feito, o título da canción é un verso deste autor.

Nicholas Cords asegurou que nesta peza non hai eses toques irlandeses, pero si que se nota esa inspiración de Dana Lyn.

Como anécdota, Cristina Pato contou que antes de vires a Ourense, contoulle a Nicholas que ela era coñecida en Galicia “pola miña faciana de gaiteira, que a levo con moito orgullo, xa que con Nicholas levei a gaita a moitas partes importantes do mundo”. Pero resulta que nos Estados Unidos, Pato é tamén unha pianista e no seu concerto do xoves vai sacar esa faciana, practicamente descoñecida no noso país.

O prezo das entradas é entre 5 e 8 euros.

Texto e vídeo: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button