OurenseÚltima hora

(Vídeo) A Policía Nacional escolta aos Reis Magos até Ourense

A Policía Nacional recibiu hoxe, 22 de decembro, nas súas instalacións a máis dunha trintena de rapaces de Cáritas para que gozasen dunha xornada de diversión polo Nadal. Segundo explicou o comisario de Ourense, Antonio Álvarez Valencia, este tipo de actos “fanse pensando neses rapaces que teñen menos recursos”. Unha iniciativa que a Comisaría ourensá leva facendo anos co obxectivo “de abirir as dependencias policiais á cidadanía”, dixo o comisario.

Pero a sorpresa máis grande de todas foi cando tres coches patrulla chegaron ás portas da Comisaría escoltando ás súas maxestados os Reis Magos de Oriente. Melchor, Gaspar e Baltasar foron recibidos polo propio comisario e, posteriormente xuntáronse cos rapaces no pavillón da Comisaría para obsequiarlles cun pequeno agasallo e escoitar os seus desexos.

Tas a visita dos Reis Magos, os rapaces puideron gozar de diversión nos hinchables e, ao rematares, todos comeron pizza.

Fotos e vídeo: Carlos Asensio.

 

Artigos relacionados

Back to top button