CulturaEducaciónÚltima hora

Videoconferencia no IES Martaguisela co equipo de A Esmorga

Os lumnos de 2º de bacharelato poderán falar co director e os actores o venres 14 de novembro
O director de A Esporga, Ignacio Vilar (á dereita), na rodaxe. /Foto: aesmorga.filme.com
O director de A Esporga, Ignacio Vilar (á dereita), na rodaxe. /Foto: aesmorga.filme.com

O sábado 15 de novembro estréase o filme A Esmorga do director valdeorrés Ignacio Vilar, dentro do Festival de Cine de Ourense, e o día 21 será a estrea en toda Galicia.

Uns días antes, o venres 14 de novembro, os alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato do IES Martaguisela do Barco de Valdeorras, terán a oportunidade de facerlles preguntas ao director e aos actores desta adaptación cinematográfica da novela do escritor ourensán, Eduardo Blanco Amor, que protagonizan Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán “Morris”.

A conversa será a través dunha videoconferencia prevista para as 12:30h. no salón de actos do instituto barquense.

Artigos relacionados

Back to top button