En portadaÚltima horaVídeos

Vídeos da homenaxe dos servizos de emerxencias e dos corpos de seguridade do Barco ao persoal do Hospital de Valdeorras

 

Ás oito desta tarde os servizos de emerxencia (bombeiros, ambulancias, GES Valdeorras, Protección Civil) e os corpos de seguridade do Barco (Policía Local e Garda Civil) rendíanlle unha homenaxe ao persoal do Hospital de Valdeorras en recoñecemento ao seu esforzo e ao traballo que están a realizar e para transmitirlle os seus ánimos.

Nestes vídeo pode verse o paso dos diferentes vehículos pola avenida Conde Fenosa, no centro do Barco, en dirección ao hospital barquense entre os continuos aplausos das numerosas persoas que seguían o seu traxecto dende os balcóns. Despois, facían o seu regreso tamén entre aplausos dos veciños.

Ampla galería de imaxes en:
https://osil.info/imaxes-da-emotiva-homenaxe-dos-servizos-de-emerxencias-e-das-forzas-e-corpos-de-seguridade-do-barco-ao-persoal-do-hospital-valdeorras/

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button