Andainas-Trails-OrientaciónDeportesÚltima hora

VII Andaina do Chourizo, o 5 de febreiro dende a praza do Pilón, en Trives

A actividade lúdico-deportiva, organizada polo Club Montaña Trives, enmárcase na Festa do Chourizo de Vilanova

Participantes na Andaina do Chourizo do 2020./ Foto: Club de Montaña Trives.

 

O primeiro sábado de febreiro, dende hai xa moitos anos, no marcdo da Candelaria e do San Brais celébrase en Vilanova (A Pobra de Trives) a Festa do Chourizo, unha romaría protagonizada polas fogueiras entre castiñeiros nas que os asistentes asan os chourizos ao espeto. O ano pasado por culpa da pandemia non se celebrou e este ano, tampouco está moi claro se se fará ou non.

A que si está confirmada é a particular e exitosa andaina organizada polo Club de Montaña Trives. Así, o vindeiro sábado 5 de febreiro celebrarase a VII Andaina do Chourizo, unha ruta de senderismo por terras trivesas con final en Vilanova comendo chourizos asados.

A camiñada comezará ás 10 da mañá na praza do Pilón, na Pobra de Trives, para completar un percorrido duns 8,6 quilómetros por terras trivesas. A organización calcula en 2 horas a duración da andaina que terá un prezo de 5 euros para socios e de 8 para non socios. As inscricións poden facerse a través do correo electrónico do club de montaña trivés:  club.montana.trives@gmail.com.

 

Artigos relacionados

Back to top button