DeportesÚltima hora

VII Maratón de escalada do Canón do Sil, o 7 de setembro

Esta proba, organizada polo Club Alpino Ourensán, implica 12 horas de escalada, sendo referente no norte de España e Portugal e nun lugar incomparable

O Canón do Sil “é unha zona rica en cultura, gastronomía, historia, impresionantes paisaxes e unha gran escola de escalada”, din de de o Club Alpino Ourensán, que escolleu esta paraxe da Ribeira Sacra como escenario dunha proba moi singular: a Maratón de escalada do Canón do Sil.

Esta cita, pensada para fomentar por un lado a escalada deportiva, pero tamén a divulgación da escola de escalada e o Canón do Sil como destino; cumprirá a súa sétima edición o vindeiro 7 de setembro. A iniciativa xurdía “entorno a idea de xuntar a escaladores do noroeste de España a través dunha xornada de escalada e facer da mesma unha festa e encontro do deporte”, aseguran o club organizador, o Alpino Ourensán.

Nesta Maratón de Escalada “trátase de escalar por cordadas e en autosuficiencia o máximo número de vías na escola de escalada do Canón do Sil en 12 horas. Cada vía ten a súa propia puntuación en fucion da súa dificultade, gañando a cordada que consiga o maior número de puntos”, indican dende a organización.

Lembran tamén que a “escalada é un deporte de moda que debido o seu crecemento, o Comité Olímpico Internacional decidiu incluílo coma novo deporte olímpico en Tokio 2020”, e, nese senso, “o maratón de escalada do Canón do Sil é unha competición sen igual en Galicia (12 horas de escalada) sendo referente no norte de España e Portugal e nun lugar incomparable, o Canón do Sil”.

Artigos relacionados

Back to top button