DeportesÚltima hora

A VII Noite entre Lobos e Estrelas por Trevinca reúne a uns 50 participantes

A camiñata noctura comezará na medianoite do sábado día 20 de agosto cun percorrido de 35 km
Cartel da andaina nocturna.
Cartel da andaina nocturna.

O Club de Montaña O Trisquel de Trevinca, da Veiga, organiza para este sábado día 20 de agosto a sétima edición da Noite entre Lobos e Estrelas, unha andaina de alta montaña e gran dureza que convida aos participantes a percorrer o teito de Galicia. Nesta ocasión, o percorrido cubrirá unha distancia de 35 quilómetros. A cita xa conta coa participación de máis de medio cento de persoas.

A saída será dende Vilanova (A Veiga), na medianoite do sábado ao domingo. Entre as paraxes que se visitarán está o cume de Pena Negra (2.121 m), a zona do Teixadal e da Ermida de San Xil, ademais de pasar por Pena Trevinca (2.127 m). A chegada a Casaio está programada ás 14h do domingo.

Esta actividade será promovida polo citado club de montaña en colaboración con Trevihost e co Concello da Veiga.

Artigos relacionados

Back to top button