DeportesÚltima hora

VII Torneo Futures de tenis “Cidade de Ourense”

A cita deportiva celebrarase do 9 ao 16 de agosto no C.T. Santo Domingo de Pereiro de Aguiar
Presentación do torneo de tenis en Ourense
Presentación do torneo de tenis en Ourense

O VII Torneo Futures “Cidade de Ourense” de tenis, que se celebrará do 9 ao 16 de agosto, reunirá no Club Santo Domingo de Tenis (Pereiro de Aguiar) ás mellores promesas tenísticas que aspiran a estar na elite mundial deste deporte. Así o aseguraban na presentación do evento que tiña lugar na mañá do 5 de agosto na Deputación de Ourense, un acto que contou coa presenza do presidente provincial, Manuel Baltar; do concelleiro de Deportes do Concello de Ourense, Alfonso Vilachá; do director do torneo, Javier de la Torre; e do vicepresidente da Federación Galega de Tenis, José Mosquera.

Como en edicións anteriores a entrada será libre para ver os partidos, e os xogadores galegos que o desexen poden inscribirse no torneo a través da web da ITF. A fase previa será os días 9 e 10 de agosto e a final está prevista para o sábado 16 de agosto, ás 11.30h.

Na presentación, Manuel Baltar, dixo que este torneo “é unha destacada cita deportiva pola que xa teñen pasado, nas súas idades máis novas, tenistas como Rafa Nadal, Andy Murray e Nicolás Almagro, e que reúne todas as características dun evento que merece ser apoiado”.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button