DeportesÚltima hora

A VIII Andaina de Avión discorrerá polo Castro de San Vicente

A proba deportiva celebrarase este domingo, 10 de xullo
A andaina foi presentada onte, no Pazo Provincial da Deputación.
A andaina foi presentada onte, no Pazo Provincial da Deputación.

Os amantes da natureza teñen unha cita co Concello de Avión este domingo 10 de xullo. A vila celebra a VIII Andaina de Avión, cun percorrido centrado no Castro de San Vicente. A proba foi presentada onte no Pazo Provincial da Deputación de Ourense, nun acto no que estivo presente o vicepresidente da institución, Rosendo Fernández, o asesor de Deportes da mesma, Bernardino González, e o alcalde do municipio, Antonio Montero.

A proba ofrecerá tres posibles roteiros de 21, 13 e seis quilómetros respectivamente e levarase a cabo na contorna natural do Castro de San Vicente. Neste senso, o rexedor local lembrou que a andaina comezou co obxectivo de “fomentar as practicas deportivas e tamén dar a coñecer o patriomnio natural e artístico que ten o concello”.

Pola súa banda, Rosendo Fernández destacou que a Deputación “apoia este tipo de iniciativas que poñen en valor a nosa riqueza cultural, paisaxística e gastronómica”. Tamén o asesor de Deportes agradeceu ao concello a celebración desta actividade e animou “a que continúen a desenvolver estas inciativas que promocionan a nosa provincia”.

Os participantes deberán realizar inscrición previa, que terá un custe de 20 euros. O prezo inclúe andaina, comida, avituallamento, unha camiseta conmemorativa e o sorteo de agasallos, segundo explicou o alcalde.

Artigos relacionados

Back to top button