CulturaÚltima hora

A VIII Festa da Palabra lembra ás irmás Pura e Dora Vázquez este sábado

O acto tamén servirá para entregar os premios Insua dos Poetas 2016
A Festa da Palabra celebrarase este sábado no Carballiño.
Imaxe dunha edición anterior da Festa da Palabra.

A Fundación Insua dos Poetas organiza para este sábado, 16 de xullo, a oitava edición da Festa da Palabra, unha festa artístico-literaria que cada ano homenaxea a un grande das letras. Nesta ocasión, son dúas as homenaxeadas: as irmás Pura e Dora Vázquez. O encontro será a partires das 19h na Insua dos Poetas, no Carballiño.

A cita tamén inclúe a entrega dos Premios Insua dos Poetas 2016 e, ao remate, haberá unha degustación de produtos ourensás. A entrada é de balde.

Conta co apoio e patrocionio da Deputación de Ourense, da Consellería de Cultura, do Concello do Carballiño e da Consellería do Medio Rural.

Artigos relacionados

Back to top button