CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

Vilamartín abre a programación de Nadal cun certame de corais

A Coral Municipal de Vilamartín foi a anfitriona do concerto no que participaron outros dous coros

A dúas semanas para o Nadal o Concello de Vilamartín de Valdeorras inauguraba a programación festiva co tradicional concerto coral no Centro Cultural Santa Lucía, no que participaron tres corais coa interpretación de varias panxoliñas.

Os primeiros en actuar foron os membros da Cantarela Coral de Riós dirixida por Edelmiro Mateo que acompañaba ás voces ao acordeón. De seguida subirían ao escenario os cantantes da Coral de A Cañiza (Pontevedra), quedando para o final o coro anfitrión: a Coral Municipal de Vilamartín dirixida por Sandra González. Esta última tamén participará no concerto de Aninovo organizado pola Asociación Cultural O Mosteiro de Vilanova (O Barco) previsto para o 2 de xaneiro.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button